A compañía xa ten nome, pero agora necesita un logo que nos represente como grupo.
Para facer o noso propio logo, precisabamos saber qué era un logo. Como o PDI do cole este ano é a alimentación, observamos os logos das marcas de alimentos máis coñecedidas. Algúns tiñan letras, outros só tiñan formas, pero quedounos claro que son debuxos sinxelos.
Despois fixemos cada un a nosa proposta de logo.
E por último, decidimos cal era o que mellor representaba á nosa compañía.
E este foi o logo elixido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario