Etiquetas

jueves, 20 de septiembre de 2018

A nosa compañía de ópera xa ten nome!

Xa sabedes que este curso caracois e formiguiñas fusionámonos para formar unha compañía de ópera. Despois de varias sesións de traballo, onde nos coñecimos un pouco máis e empezamos a formar equipo, reflexionamos acerca do que era unha ópera. A verdade é que en xeral non o tiñamos moi claro.... notábase que algo escoitaramos na casa e no que coincidíamos case todos era en que tiña algo que ver co teatro. Así que, seguiremos investigando no cole acerca disto.

O que si que tiñamos claro é que para formar unha ópera necesitábamos un equipo, ou mellor dito, unha compañía. E faltábanos algo moi importante.... o noso nome! se non, como nos íamos presentar ao público?

Así que nos puxemos mans á obra. Cada neno e cada nena pensou cómo debíamos chamarnos. Reflexionamos acerca de que non se trataba de elixir o que máis lle gustaba a cada un, se non de elixir o que mellor nos representara como grupo.

 Saíron propostas xeniais e de paso aproveitamos para traballar a lectoescritura. Aquí tedes a mostra!




Vimos que algúns nomes repetíanse, así que decidimos que poderíamos facer unha primeira selección quedándonos con eses. Os nomes eran: purpurina, corazón, unicornio e nube. Así que tocaba decidir un entre eses catro.





Algúns nenos e nenas animáronse a defender algún destes nomes diante dos compañeir@s, e saíron cousas tan interesante como estas:

-"Podemos escoller corazón porque é o que da vida".
-" Purpurina é o noso nome porque brilla".
-"O nome que temos que escoller é nube porque están no ceo".




E por último , cada nen@ posicionouse diante da palabra que creía que nos representaba mellor.


E seguro que estades ansios@s de saber cal foi o nome que escollemos finalmente, verdade?

Pois....

Somos Purpurina compañía de ópera!!!


3 comentarios:

  1. Compañía Purpurina!!!Que ben soa!!!Moita sorte!!!

    ResponderEliminar
  2. Un fermoso nome para un fermoso proxecto. Adiante Formiguiñas e Caracois!. Moitos bicos da profe Dámaris artistas.

    ResponderEliminar