Etiquetas

miércoles, 27 de febrero de 2019

Visita Miguel Gil

Hoxe visitounos Miguel Gil, un dos coordinadores do proxecto LÓVA en España. Aínda que xa está xubilado, Miguel é mestre de música e foi un dos pioneiros en traballar con este proxecto. Actualmente desenvolve o proxecto en centros penitenciarios xunto cun grupo de voluntarios.

Veu a coñecernos e a interesarse pola nosa compañía e propúxonos facer con él varias dinámicas.
Gustounos moito coñecerte!





lunes, 25 de febrero de 2019

Experimentando o que é coidar

Hoxe fixemos unha dinámica para experimentar o tema da nosa ópera: coidar.

Tiñamos que ir en parellas, pero un levaba os ollos vendados polo que o outro o tiña que ir guiando... e coidando!



martes, 12 de febrero de 2019

Elaboramos as personaxes

Na nosa ópera ten que haber 5 personaxes e hoxe estivemos definindo as súas características. Para elo, traballamos previamente con contos coñecidos polos nenos e nenas e describimos as características de cada personaxe. Isto serviunos para ampliar o noso vocabulario e coñecer moitos máis adxectivos dos que empregamos habitualmente. Así, saíron palabras como tímido, astuto, doce, asustadizo,...

Con todos eses adxectivos elaboramos unha lista e decidimos se nos parecían positivos ou negativos e despois atribuímoslle a cada personaxe tres deses adxectivos, intentando que tivese positivos e negativos.

As nosas personaxes de momento non teñen nome, só unha letra. Tampouco teñen xénero nin idade..nin sequera sabemos aínda se son persoas! Todo iso decidirémolo máis adiante.







miércoles, 6 de febrero de 2019

Escola de nais e pais

Onte recibimos unha visita moi especial, as familias da Compañía de Ópera Purpurina puideron coñecer e vivenciar as actividades que están realizando os membros da Compañía.
E tamén tiveron que superar algún reto que dos que lles propuxemos: reto dos números e reto da alfombra máxica. Que ben o pasamos!
As nenas e nenos LÓVA prepararon esta visita con moito agarimo e SABOOOR! En LÓVA todo é posible, como traballar tamén aspectos relacionados co PDI BO PROVEITO!


As familias tamén poden expresar no libro de visitas a súas opinión, reflexións...sobre o desenvolvemento do proxecto LÓVA



 

E hoxe os membros da compañía puideron ver abraidos como as súas familias resolveron os retos...ou non...




viernes, 1 de febrero de 2019

Obradoiro de documentalista

O pai de Antón é experto en fotografía e veu a achegarnos a profesión de documentalista. Para elo aprendimos a utilizar a cámara de fotos, aprendimos o que é un retrato e unha foto de grupo e puidemos facer algunha práctica coa cámara.

Ademáis, explicounos a importancia de ter un arquivo para ir gardando todas as fotos.





Moitas grazas pola túa axuda!