Etiquetas

martes, 12 de febrero de 2019

Elaboramos as personaxes

Na nosa ópera ten que haber 5 personaxes e hoxe estivemos definindo as súas características. Para elo, traballamos previamente con contos coñecidos polos nenos e nenas e describimos as características de cada personaxe. Isto serviunos para ampliar o noso vocabulario e coñecer moitos máis adxectivos dos que empregamos habitualmente. Así, saíron palabras como tímido, astuto, doce, asustadizo,...

Con todos eses adxectivos elaboramos unha lista e decidimos se nos parecían positivos ou negativos e despois atribuímoslle a cada personaxe tres deses adxectivos, intentando que tivese positivos e negativos.

As nosas personaxes de momento non teñen nome, só unha letra. Tampouco teñen xénero nin idade..nin sequera sabemos aínda se son persoas! Todo iso decidirémolo máis adiante.







No hay comentarios:

Publicar un comentario