Etiquetas

lunes, 19 de diciembre de 2016

ANIVERSARIOS DE ALEJANDRO E LEO

Hoxe celebramos os aniversarios de Alejandro e Leo. Pasámolo moi ben e encantáronnos os doces que nos trouxeron! Parabéns e moitas grazas!





DECORACIÓN NADAL

Coas botas que decoramos na casa fixemos unha árbore de Nadal. Quedou preciosa!



sábado, 17 de diciembre de 2016

Recomendacións lectoras para o Nadal!!!

Como cada ano Güino fainos estas recomendacións para este  Nadal.



ENTRADE NA PÁXINA DA BIBLIOTECA PARA MÁIS INFORMACIÓN
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2016/12/xa-chega-o-nadal.html?m=1

CHEGOU O NADAL!!!!!!

A clase dos caracois está moi contenta coa chegada do Nadal. Adornamos o corredor cunhas chulísimas árbores de Nadal, tamém adornamos a entrada cunha botas que decoramos na casa coa axuda das nosas familias. ¡ BO NADAL A TODOS DE PARTE DOS CARACOIS!



ANIVERSARIOS NOVEMBRO

No mes de novembro celebramos os aniversarios de Xiana e de Darío. Pasámolo en grande cos nosos compis cantando, comendo a torta e bebendo uns riquísimos zumes de piña.



AS MOCHILAS VIAXEIRAS CONTINÚAN VIAXANDO

As mochilas viaxeiras continúan viaxando cada semana para que as desfrutedes todos en familia. Estas semanas tocoulles viaxar con María, Carlos e Martiño.


jueves, 24 de noviembre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras xa comezaron a "viaxar" na clase dos caracois. Xa a levaron Alejandro, Leo Daporta, Candela e Gabriel. A desfrutar moito dos contos "CARACOIS"





DECORACIÓN DO CORREDOR NO OUTONO



MAGOSTO E PEÓN

Os caracois pasárono xenial celebrando o magosto, comendo castañas e bebendo un rico batido de chocolate. UUUMMMMM QUE RICO!!!!

Caracol, caracoleiro

Os caracois gústanos moito esta canción sobre os caracois.

Coñecendo os caracois

Os nenos de 3 anos B escollimos como mascota os caracois, e decidimos entre todos e coa axuda das familias aprender moitas cousas sobre eles. Para iso trouxemos moitos traballiños da casa e tamén estamos aprendendo moitas cousas na clase.QUE INTERESANTEEEEE!!!!

Libro do verán

Os caracois estivemos durante varios días na asamblea vendo e contando os nosos compañeiros o ben que o pasamos no verán cos nosos amigos e coa nosa familia.

AS DISTINTAS CLASES DOS CARACOIS

Os caracois pásano pipa nas distintas clases, en informática coa profe Lorena, en psico co profe Javier e en música coa profe Lara e o mono "Corchea".

miércoles, 9 de noviembre de 2016

OLLO AO PIOLLO!

ÉSTES DÍAS DETECTÁRONSE CASOS DE PIOLLOS NAS AULAS DE INFANTIL POR FAVOR REVISADE AS CABECIÑAS DOS PEQUES.
MOITAS GRAZAS.


lunes, 7 de noviembre de 2016

ANIVERSARIOS

Os caracois xa celebramos no cole varios aniversarios e fixémolo comendo un rico biscoito e bebendo zumes. No mes de Setembro celebramos os aniversarios de Candela e de Julia.


No mes de Outubro celebramos os aniversarios de Carlos e de Gabriel. Pasámolo xenial!!!!.
 

XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA DO MAGOSTO E DO PEÓN

XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA DE COMER AS CASTAÑAS: O MAGOSTO!!!! PERO FORMIGUIÑAS E CARACOIS NON TEMOS PORTACASTAÑAS PARA COMELAS BEN A GUSTO... POR ISO PRECISAMOS UN BRICK DE ZUME, LEITE,... BEN LIMPIÑO E CORTADO POLA METADE (TODAS AS CARAS MENOS UNHA DAS MÁIS ANCHAS COMA NA FOTO) PARA PODER ENCHER DE CASTAÑAS A NOSA BARRIGOLA!!! 
TRAÉDEO CANTO ANTES PARA PODER PREPARAR TODO PARA O VENRES!

 




 







A FESTA SERÁ O VENRES 11 DE NOVEMBRO, TAMÉN FESTEXAREMOS O DÍA DO PEÓN, POLO QUE OS NENOS E NENAS PODERÁN TRAER ESE MESMO DÍA (ADEMAIS DA MANCHEA DE CASTAÑAS BELISCADAS) UN PEÓN PARA XOGAR TODOS XUNTOS NO PATIO... 

ANÍMADEVOS A VIR E A FESTEXAR CON NÓS O MAGOSTO E O PEÓN!!!! 


domingo, 23 de octubre de 2016

Visita de protección civil

Esta semana recibimos a visita de protección civil. Viñeron a contarnos en que consiste o seu traballo e o que temos que facer en casa dun incendio!
Aquí tedes algunhas imaxes da sesión. Visita de protección civil on PhotoPeach

Investigamos sobre... as formigas!

Na clase de 3 anos A atopamos moitas formigas. Como chamaron moito a nosa atención, entre todos decidimos que queríamos aprender máis cousas sobre elas e que serían a nosa mascota. Durante estes días estivemos recopilando información e traballando sobre o tema, e xa sabemos moitas cousas sobre elas! Aquí tedes algunhas fotos do material que fomos traendo a clase este días! Un saúdo da clase das formiguiñas!


Proxecto: as formigas - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

E aquí vos deixamos unhas cancións sobre as formigas que nos gustan moito:



domingo, 9 de octubre de 2016

Primeiros días de cole

Aquí vos deixamos unhas fotos dos primeiros días de cole. Esperamos que vos gusten!

primeiros días on PhotoPeach

Contos que nos gustan!

Na clase das formigas e na clase dos caracois, estivemos estes días traballando con dous contos que nos gustaron especialmente.

Un deles foi o conto de Cocorico, que ten a súa propia canción.




Cocorico conto from exploradores4a





O outro conto que nos gustou motísimo foi este de Herve Tullet, xa que é un conto moi interactivo no que poidemos participar mentres nolo contaban.


Resultado de imagen de herve tullet un libro








sábado, 1 de octubre de 2016

Benvidos!

Queremos dar a benvida aos novos alumnos e alumnas que comezan a súa andaina no CEIP Couceiro Freijomil. A partir de agora, poderedes ir seguindo os nosos pasos  a través do noso blogue de aula. Un saúdo!