Etiquetas

sábado, 31 de marzo de 2018

ANIVERSARIOS MARZO

No mes de Marzo na clase dos caracois celebramos os aniversarios de Thiago e María. PARABÉNS!!!

martes, 13 de marzo de 2018

Visita ao peirao

A pasada semana visitamos o peirao, onde vimos algúns dos aparellos que se empregan para a pesca.

Primeiro vimos unha nasa que serve para coller camaróns, nécoras,...


Despois vimos un trasmallo, que é unha rede que ten tres capas.


E por último, vimos unha rede de cerco que serve para pescar bancos de peixes pequenos, como sardiñas e xurelos.

Tamén visitamos a lonxa onde vimos a criba que se utiliza para seleccionar as ameixas que xa teñen un tamaño suficiente.


Grazas a Javi e a Valentín por ensinarnos tantas cousas!


NADANDO SEN PARAR

Dentro do PDI "Alén do mar", ás formiguiñas e os caracois tocounos facer a canción de Mamá Cabra "Nadando sen parar" con pictogramas . Este foi o resultado:


DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano no cole estamos investigando sobre o Mar, así que adicámoslle este día ás mulleres que teñen un traballo relacionado co mar.

lunes, 12 de marzo de 2018

VISITA AO AQUARIUM!!!!

Este ano estamos inmersos nun Proxecto sobre o Mar, e que mellor maneira que aprender cousas novas que visitando o acuario Finisterrae na Coruña.
Así de contentos estabamos no autobús.



















O primeiro que fixemos nada máis chegar foi ir a ver a GASTÓN









Despois visitamos ás focas.


Logo visitamos a sala Maremagnum, onde vimos polbos, morenas, cabaliños de mar e medusas entre outras moitas especies.






E por último vimos auténticas obras de arte feitas con materiais de refugallo recollidos de praias.






Pasámolo en grande!



DÍA DE ROSALÍA



O día 24 de Febreiro celebramos o nacemento de Rosalía. No cole quixemos lembrarnos dela, escoitamos a canción de " Rosalía pequeniña" e os nenos de 5º contaronnos un conto dos Bolechas que narra cousas da súa obra e as vivencias de moitos galegos que tiveron que emigrar.








Se premedes na imaxe, poderedes esccoitar a canción:
Resultado de imagen de rosalia pequeniña