Etiquetas

lunes, 15 de abril de 2019

O traballo por profesións I

Comenzamos a traballar xa os equipos de traballo nos que practicamos as habilidades propias de cada profesión.

Os escritores redactan os diálogos...
Os compositores representan a música que compuxeron entre tod@s...
Os relación públicas preparan as invitacións, a exposición onde se contará todo o proceso, deseño de carteis...
Os intérpretes traballan a voz e o corpo, crean un personaxe e aprenden os diálogos.
Os escenógrafos deseñan e preparan os decorados.
O equipo de iluminación preparan a iluminación e son, fan os focos e manexan a iluminación e son...
Vestuario e maquillaxe estudian os caracteres dos personaxes, deseñan e/ou confeccionan o vestuario e ensaian o maquillaxe.
O rexidor traballa cos personaxes.
O director de producción supervisa e controla a actividade de toda a compañía e se encarga de realiar o discurso que abre e pecha a actuación.

Aquí tedes a planificación do traballo que leva a cabo a Compañía de Ópera Purpurina



Preme na imaxe

Que gran aprendizaxe de coordinación, resolución de conflitos, responsabilidade, tolerancia, emocións, imaxinación...!

viernes, 12 de abril de 2019

Equipos de profesións

E nós somos...


COMPOSITORES

DIRECTORAS 


DOCUMENTALISTAS




ESCENÓGRAFOS



ESCRITORES



ILUMINACIÓN


INTÉRPRETES



PERRUQUERÍA E MAQUILLAXE


RELACIÓNS PÚBLICAS


VESTIARIO


REXIDORES












martes, 9 de abril de 2019

TÍTULO da nosa ÓPERA e nome do lugar onde sucede a historia

Agora que a sabemos como e onde se desenvolve a historia da nosa ópera, entre todas e todos decidimos o título que é COIDAR TODO.



E tamén pensamos, que como a historia sucede nun parque, decidimos poñer un nome a ese parque tan especial, PARQUE COIDADOSO



lunes, 1 de abril de 2019

Eleximos profesións

E chegou un dos momentos máis importantes deste curso. Temos que tomar unha decisión clave para o futuro da nosa ópera. Hoxe eleximos que profesión queremos desempeñar dentro da nosa compañía. Para tomar esta decisión tivemos que recordar os obradoiros das profesións que realizaron as nosas familias e cubrir unha folla de solicitude de profesións e explicar por que queremos desempeñar ese trballo. Unha vez que cubrimos a nosa solicitude, as mestras nos entregáron a  acreditación coa nosa profesión.
Foi un día de moitos nervios, ilusión e alegría!