Etiquetas

lunes, 1 de abril de 2019

Eleximos profesións

E chegou un dos momentos máis importantes deste curso. Temos que tomar unha decisión clave para o futuro da nosa ópera. Hoxe eleximos que profesión queremos desempeñar dentro da nosa compañía. Para tomar esta decisión tivemos que recordar os obradoiros das profesións que realizaron as nosas familias e cubrir unha folla de solicitude de profesións e explicar por que queremos desempeñar ese trballo. Unha vez que cubrimos a nosa solicitude, as mestras nos entregáron a  acreditación coa nosa profesión.
Foi un día de moitos nervios, ilusión e alegría!








No hay comentarios:

Publicar un comentario