Etiquetas

viernes, 30 de noviembre de 2018

Obradoiro de rexidor

Xosé Luis é o Xefe de Estudos do noso cole e axoudounos coa profesión de rexidor, xa que o seu traballo aseméllase bastante porque ten que coordinar e organizar.

Grazas pola colaboración!


jueves, 29 de noviembre de 2018

Obradoiro de perruquería e maquillaxe

Outra das profesións presentes nunha compañía de ópera é a de perruquería e maquillaxe, xa que é moi importante a carcaterización das personaxes.

Para elo, contamos coa axuda das nais de Clara S. e de Carlos, que son expertas na materia.

Puidemos ver as ferramentas que empregan para o seu traballo: secador, cepillos,... e fixemos algunha que outra práctica.
Aprendemos un montón da vosa profesión. Grazas pola axuda!




miércoles, 28 de noviembre de 2018

Obradoiro de vestiario

O vestiario é outro elemento fundamental na producción dunha ópera, así que a nai de Leo S., que é modista, e a de Candela L., que é estilista, axudaráronnos a coñecer esta profesión.

Vimos cómo podemos customizar unha prenda de roupa para modificala e como con complementos podemos caracterizar ás personaxes. 

Foi moi interesante! Grazas!






lunes, 26 de noviembre de 2018

Obradoiro de escenografía

Nunha compañía de ópera hai distintas profesións e, para poder saber qué profesións imos solicitar, temos que coñelas todas primeiro e saber que consisten.

Así que o papá de Clara da clase das formiguiñas, que é carpinterio, veu ao cole a explicarnos en que consiste o seu traballo e a axudarnos a facer parte do decorado.


Ensinounos as súas ferramentas de traballo e explicounos para que serven e axudámoslle a cravar puntas, a serrar e a facer buratos co taladro, entre outras cousas. Ademáis deixounos no cole dúas caixas chinesas feitas por él, que van ser de moita utilidade para os compositores da compañía.








Despois desta visita, xa temos uns cantos candidatos e candiditas para desempeñar esta profesión!

lunes, 5 de noviembre de 2018

Metáfora: a pedra da concentración

Seguimos co traballo coas metáforas. Nesta ocasión, cunha pedra que decoramos e que simboliza a nosa concentración.
Fixemos un xogo que consistía en unha nena ou un neno intentaba desconcentar aos demáis que tiñan a súa pedra na man. Se conseguían desconcentralos, podíanlles roubar a pedra.