Etiquetas

martes, 11 de junio de 2019

Gran estrea da Ópera Coidar Todo

O que ides ver é a estrea da ópera realizada pola Compañía de ópera Purpurina, formada por alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil do noso centro.
Esta ópera é o froito do traballo que ao longo de todo o curso realizou esta Compañía. Neste proxecto o alumnado realizou este traballo eles sos: elexiron o nome da compañía, o seu logo, os personaxes e as súas características, inventaron unha trama, escribiron os diálogos, compuxeron a música, deseñaron a escenografía, vestiario e maquillaxe, fabricaron a iluminación, fixeron unha campaña publicitaria, realizaron una campaña de autofinanciación e un traballo de documentación de todo o proceso.
Cada un foi unha peza coa que formaron un equipo que deu lugar ao marabilloso quebracabezas que ides ver aquí...
En fin..., REMARON TOD@S XUNT@S.




miércoles, 5 de junio de 2019

Representación no cole

Hoxe foi un día moi especial,  a Compañía de Ópera Purpurina representamos COIDAR TODO para todos os nosos compañeiros e compañeiras do cole. Tiñamos moitos nervios pero co apoio d@s nos@s compañeir@s, sentímonos moi apoiad@s.
Estamos moi agradecid@s a tod@s e quedamos abraiad@s cando vimos que temos ata un clube de seguidores...Que bonita esa pancarta que fixeron @s nos@s compañeir@s de 3 e  4 anos de Ed Infantil!

MOITÍSIMAS GRAZAS COMPAÑEIR@S!



O puzzle

Chegou o gran día e sabemos que todas e todas somos importantes...



lunes, 3 de junio de 2019

Ensaios


Non falta nada para que chegue o día da estrea da nosa ópera COIDAR TODO e o ritmo é frenético!!! Estamos moi nerviosos e nerviosas pero moi emocionados. Todas e todos nos sentimos moi importantes!!!