Etiquetas

martes, 13 de marzo de 2018

Visita ao peirao

A pasada semana visitamos o peirao, onde vimos algúns dos aparellos que se empregan para a pesca.

Primeiro vimos unha nasa que serve para coller camaróns, nécoras,...


Despois vimos un trasmallo, que é unha rede que ten tres capas.


E por último, vimos unha rede de cerco que serve para pescar bancos de peixes pequenos, como sardiñas e xurelos.

Tamén visitamos a lonxa onde vimos a criba que se utiliza para seleccionar as ameixas que xa teñen un tamaño suficiente.


Grazas a Javi e a Valentín por ensinarnos tantas cousas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario