Etiquetas

martes, 11 de junio de 2019

Gran estrea da Ópera Coidar Todo

O que ides ver é a estrea da ópera realizada pola Compañía de ópera Purpurina, formada por alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil do noso centro.
Esta ópera é o froito do traballo que ao longo de todo o curso realizou esta Compañía. Neste proxecto o alumnado realizou este traballo eles sos: elexiron o nome da compañía, o seu logo, os personaxes e as súas características, inventaron unha trama, escribiron os diálogos, compuxeron a música, deseñaron a escenografía, vestiario e maquillaxe, fabricaron a iluminación, fixeron unha campaña publicitaria, realizaron una campaña de autofinanciación e un traballo de documentación de todo o proceso.
Cada un foi unha peza coa que formaron un equipo que deu lugar ao marabilloso quebracabezas que ides ver aquí...
En fin..., REMARON TOD@S XUNT@S.




No hay comentarios:

Publicar un comentario