Etiquetas

jueves, 20 de septiembre de 2018

A nosa compañía de ópera xa ten nome!

Xa sabedes que este curso caracois e formiguiñas fusionámonos para formar unha compañía de ópera. Despois de varias sesións de traballo, onde nos coñecimos un pouco máis e empezamos a formar equipo, reflexionamos acerca do que era unha ópera. A verdade é que en xeral non o tiñamos moi claro.... notábase que algo escoitaramos na casa e no que coincidíamos case todos era en que tiña algo que ver co teatro. Así que, seguiremos investigando no cole acerca disto.

O que si que tiñamos claro é que para formar unha ópera necesitábamos un equipo, ou mellor dito, unha compañía. E faltábanos algo moi importante.... o noso nome! se non, como nos íamos presentar ao público?

Así que nos puxemos mans á obra. Cada neno e cada nena pensou cómo debíamos chamarnos. Reflexionamos acerca de que non se trataba de elixir o que máis lle gustaba a cada un, se non de elixir o que mellor nos representara como grupo.

 Saíron propostas xeniais e de paso aproveitamos para traballar a lectoescritura. Aquí tedes a mostra!




Vimos que algúns nomes repetíanse, así que decidimos que poderíamos facer unha primeira selección quedándonos con eses. Os nomes eran: purpurina, corazón, unicornio e nube. Así que tocaba decidir un entre eses catro.





Algúns nenos e nenas animáronse a defender algún destes nomes diante dos compañeir@s, e saíron cousas tan interesante como estas:

-"Podemos escoller corazón porque é o que da vida".
-" Purpurina é o noso nome porque brilla".
-"O nome que temos que escoller é nube porque están no ceo".




E por último , cada nen@ posicionouse diante da palabra que creía que nos representaba mellor.


E seguro que estades ansios@s de saber cal foi o nome que escollemos finalmente, verdade?

Pois....

Somos Purpurina compañía de ópera!!!


jueves, 13 de septiembre de 2018

A nosa clase é igual que un crebacabezas



As pezas deste crebacabezas xa andan viaxando polas casas de formiguiñas e caracois ( e tamén dalgúns profes e persoal do cole...). Con esta actividade queremos comezar algo que vai ser moi importante para nós este curso: as metáforas.



Ademáis, tivemos a nosa primeira "reunión" conxunta de caracois e formiguiñas e descubrimos o poder que ten o círculo: vémonos, escoitámonos, todos podemos opinar...

Así colacados, fixemos varios xogos nos que traballamos cousas como: saber esperar o noso turno (autocontrol), concentración e atención, coordinación e cooperación. Cada vez que o xogo se interrumpía reflexionábamos sobre o que pasara. 




Pouco a pouco seguiremos entrenando estas habilidades. 

miércoles, 12 de septiembre de 2018

Benvido curso 2018-2019!

Hoxe inauguramos o novo curso escolar. Reencontrámonos con profes e amig@s, falamos do que fixemos este verán e sacámonos estas divertidas fotos.

Comezamos cheos de ganas e ilusión e preparad@s para todo o que está por vir!

BENVIDO NOVO CURSO!!!
















miércoles, 5 de septiembre de 2018

Arrancamos o curso 2018-2019!

Comeza un novo curso, o último de infantil para as formiguiñas e caracois. E por ser tan especial, ven cargado de novidades.

Embarcámonos nun novo proxecto:




      


E que quere decir isto de LÓVA? Pois LÓVA son as siglas de "La Ópera Vehículo de Aprendizaje".

Así que este curso, formiguiñas e caracois imos formar unha...

COMPAÑÍA DE ÓPERA !

Neste documental podedes ver un pouquiño máis sobre este proxecto:




E nos seguintes enderezos podedes indagar un poco máis acerca deste proxecto:
Páxina oficial do proxecto LÓVA:   http://www.proyectolova.es/


Blogues de outras compañías de ópera:  http://cazasonos.blogspot.com/                                                                 http://lovanasmirandas.blogspot.com/