Etiquetas

lunes, 28 de enero de 2019

Tese

Que mensaxe queremos mandar ao mundo co tema da nosa ópera? Que é coidar? Cómo coidamos? Que che gusta máis coidar ou ser coidado? A quen/que coidamos? Quen nos coida?








viernes, 25 de enero de 2019

Elección do tema

Para profundizar no tema do que nos interesa que trate a nosa ópera, trouxemos a clase obxectos especiais para nós.



Reflexionamos sobre porqué é tan importante ese obxecto e que é o que nos fai sentir, aparecendo así as palabras que empregamos
para expresar os nosos sentimentos e emocións. De todas esas palabras eliximos a que nos parecía que representaba mellor o que sentíamos.

Despois analizamos todas as palabras que foran xordindo e démonos de conta de que moitas delas repetíanse.

Despois de moito debatir e consensuar, quedámonos con catro: coidar, mamá, amigos e alegría.

E logo tivemos que darlle outra volta, para escoller entre todo só unha.

Finalmente, a elexida foi COIDAR.




lunes, 14 de enero de 2019

Obradoiro de relacións públicas

A profe Graci, que tivo un traballo relacionado co campo da publicidade, axudounos a comprender a importancia de dar a coñecer todo o traballo que estamos levando adiante, e para elo necesitamos contar con relacións públicas  na nosa compañía.





GRAZAS POR AXUDARNOS GRACI!

Obradoiro de iluminación

O papá de Nico, que é electricista, veu a explicarnos en qué cosiste esta profesións. Puidemos ver moitas das súas ferramentas e falounos de algún término propio do seu oficio.

Ademáis, ensinounos como podemos fabricar os nosos propios focos para á opera.