Etiquetas

lunes, 17 de diciembre de 2018

Obradoiro de escritura

Hoxe coñecimos a profesión de escritora, grazas á mamá dunha alumna do centro.
A ela gústalle escribir poesía  contounos que ten unhas "musas" que a visitan de vez en cando e que lle traen  a inspiración, polo que ten que levar sempre con ela un caderno no que ir anotando todas as cousas que se lle ocorren.








Grazas pola túa axuda!

lunes, 10 de diciembre de 2018

Mercado de nadal

Para autofinanciar á compañía de ópera, decoramos uns portacandeas que vendemos xunto coas chapas co noso logo.
Tivemos que manexarnos cos cartos e a verdade é que o fixemos xenial. Ademáis aproveitamos para repartir información sobre o proxecto que estamos levando a cabo.










miércoles, 5 de diciembre de 2018

Obradoiro de interpretación


A nai de Darío, que é profe de baile, e máis a súa avoa, que é profe de canto, fixeron con nós un obradoiro de intrepretación, para poder comprender que fan os e as intérpretes dunha compañía de ópera.

Expresamos co noso corpo distintos estados que nos suxería a música, representamos animais e aprendemos moitas cousas ao tempo que nos divertíamos.

Dende aquí agradecemos a vosa colaboración.



martes, 4 de diciembre de 2018

Obradoiro de dirección de produción

Unha compañía de ópera necesita ter unha directora ou director para e para iso contamos coa axuda da nai de Xiana, que é a directora do noso cole, para axudarnos a entender en que consiste a profesión de directora.

A través de varias dinámicas que nos propuxo, comprendimos que, ao traballar en equipo, precisamos que alguén nos dirixa e coordine.

Grazas pola axuda!



Visita ao Conservatorio de Ferrol

Para coñecer a profesión de compositor, desplazámonos ata o consrvatorio de Ferrol, onde traballa a nai de Nicolás como profe de violoncello.

Alí puidemos gozar dunha audición de obras de bandas sonoras de películas. Tamén escoitamos contos musicados e por último coñecimos instrumentos de percusión. Contáronnos que, con obxectos cotiás, tamén podemos facer música e iso pareceunos moi interesante para a nosa ópera.

Foi unha xornada moi divertida!