Etiquetas

martes, 24 de abril de 2018

Visita ao supermercado

Como xa sabedes, este curso estamos investigando sobre o mar. 
Primeiro visitamos  a casa dos peixes, onde vimos moitas especies e os seus hábitats. Logo visitamos o peirao, onde nos ensinaron como os capturan coas diferentes artes de pesca. Así que quedábanos visitar onde mercamos o peixe.

Para elo fomos ao supermercado, onde nos explicaron o que era a pirámide alimenticia, que tiña tres cores. Na cor verde estaban os alimentos que podemos tomar a diario como froitas, verduras, lácteos, ..., na cor amarela os que se poden consumir 2-3 veces por semana (carne, peixe. ovos, legumes,...) e na cor vermella o que se pode consumir moi de vez en cando (chuches, galletas,...).

 Logo vimos as diferentes seccións que ten o supermercado. Primeiro vimos a carnicería.




 Despois, na sección de bebidas, explicáronnos que os néctares de froita tiñan moito azucre, así que é mellor mercar zume.

Na sección das pastas e legumes dixéronnos que era mellor tomar pastas e arroces integrais.



 Na peixaría, vimos a diferenza entre o peixe azul e branco que se distinguen pola forma da cola. O peixe azul ten a cola en forma de V e o branco en forma de abanico.




Tamén vimos as seccións de lácteos, froitas e verduras  e das conservas.

Como vedes, aprendimos un montón de cousas moi importante sobre a alimentación e ademáis agasalláronnos cunha bolsa que contiña unha merenda saudable.