Etiquetas

viernes, 31 de mayo de 2019

Caderno de Bitácora

Ao longo de todo o curso utilizamos un caderno para apuntar as nosas reflexións, decisións, opinións...
Cando vimos por primeira vez o caderno asutámonos un pouco porque o papel era mooooi branco e non había nada, ningún debuxo, letras, números...sentímonos inseguros porque tiñamos que enchelo nós. Pero pouco a pouco, descubrimos que sabemos facer moitas cousas!!!!












jueves, 30 de mayo de 2019

Visita a AFUNDACIÓN ESPAZO +60 PONTEDEUME

Hoxe a Compañía de Ópera Purpurina visitou o ESPAZO +60 de AFUNDACIÓN de Pontedeume. Alí tivemos a gran oportunidade de compartir momentos moi divertidos e emocionantes coas persoas +60.
Nenos e nenas e maiores viviron un intercambio de experiencias e coñecemento no que o noso alumnado aprendeu a valorar aos maiores como fonte de sabedoría e experiencia e formar unha idea máis positiva e non estereotipada das persoas maiores. E puxemos en práctica o tema da nosa ópera Coidar Todo!
Hoxe compartiron unha clase de baile e unha clase de costura. Recibimos de agasallo unha pulseira feita a man polas mulleres +60, pero o maior agasallo foi o agarimo que recibimos nesta visita.
Que ben o pasamos!!!Moitas grazas por esta experiencia!!!







                                                                                   




lunes, 27 de mayo de 2019

Composición musical


Ao longo do curso, toda a Compañía de Ópera Purpurina, estivo coñecendo o que é unha ópera e todo o proceso creativo dunha composición musical. Aprendemos a compoñer unha melodía asociando as notas musicais a cores, asociamos instrumentos musicais a personaxes, descobrimos emocións e as  expresamos a través da música...e agora que xa se acerca a estrea compoñemos tres pezas musicais que os compositores representarán durante a ópera Coidar Todo.







miércoles, 22 de mayo de 2019

jueves, 16 de mayo de 2019

Mercado ecolóxico

E de novo, para autofinanciar a nosa ópera decidimos organizar un mercado ecolóxico con produtos da nosa horta. Recollemos estas gustosas leitugas esta mesma mañá recén chegados á escola e oragniamos todo o necesario para poñer á venta: escribimos etiquetas, montamos o mercado...e practicamos de novo como manexar diñeiro cartos. Esta actividade puidemos desenvolvela dentro do PDI Bo Proveito.
Que boas estaban as leitugas!!!