Etiquetas

lunes, 22 de octubre de 2018

As metáforas

As metáforas son un recurso que estamos empregando no desenvolvemento desde proxecto.

Unha delas é a do remo. Tras coñecer o conto e canción de Olelé, establecimos que o remo e un elemento que nos sirve para recordarnos que temos que remar todos xuntos á vez e ser un aténtico equipo. 


Canción de olelé: https://www.youtube.com/watch?v=wIeM4PM7aZw

martes, 16 de octubre de 2018

Os retos: o aro

Este curso, temos que afrontar un montón de novos retos.
A través dos retos:
  • Apredemos a ceder
  • Experimentamos éxito e fracaso.
  • Aprender dos erros. Autoavaliación.
  • Autocontrol.
  • Cooperación.
  • Esforzo.
  • Resolución de problemas e búsqueda de estratexias. 

 Nesta ocasión, o reto consistía en pasarnos o aro sen soltarnos da man. Ademáis de aprender, divertímonos moito.






miércoles, 10 de octubre de 2018

Elección do logo


A compañía xa ten nome, pero agora necesita un logo que nos represente como grupo. 

Para facer o noso propio logo, precisabamos saber qué era un logo. Como o PDI do cole este ano é a alimentación, observamos os logos das marcas de alimentos máis coñecedidas. Algúns tiñan letras, outros só tiñan formas, pero quedounos claro que son debuxos sinxelos. 


Despois fixemos cada un a nosa proposta de logo.


E por último, decidimos cal era o que mellor representaba á nosa compañía.




E este foi o logo elixido.