Primeiro vimos unha nasa que serve para coller camaróns, nécoras,...
Despois vimos un trasmallo, que é unha rede que ten tres capas.
E por último, vimos unha rede de cerco que serve para pescar bancos de peixes pequenos, como sardiñas e xurelos.
Tamén visitamos a lonxa onde vimos a criba que se utiliza para seleccionar as ameixas que xa teñen un tamaño suficiente.
Grazas a Javi e a Valentín por ensinarnos tantas cousas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario