Xa temos o entroido á volta da esquina e, como todos os anos, dámoslle a benvida cos mandadiños do esqueleto Manolo, que cada día nos vai mandando traer un accesorio nalgunha parte do corpo.
O venres fixémoslle unha visita e díxonos que o luns tiñamos que traer posto na cabeza un gorro de choiva.
Para mañá deixounos outra mensaxe...
No hay comentarios:
Publicar un comentario