Etiquetas

jueves, 30 de mayo de 2019

Visita a AFUNDACIÓN ESPAZO +60 PONTEDEUME

Hoxe a Compañía de Ópera Purpurina visitou o ESPAZO +60 de AFUNDACIÓN de Pontedeume. Alí tivemos a gran oportunidade de compartir momentos moi divertidos e emocionantes coas persoas +60.
Nenos e nenas e maiores viviron un intercambio de experiencias e coñecemento no que o noso alumnado aprendeu a valorar aos maiores como fonte de sabedoría e experiencia e formar unha idea máis positiva e non estereotipada das persoas maiores. E puxemos en práctica o tema da nosa ópera Coidar Todo!
Hoxe compartiron unha clase de baile e unha clase de costura. Recibimos de agasallo unha pulseira feita a man polas mulleres +60, pero o maior agasallo foi o agarimo que recibimos nesta visita.
Que ben o pasamos!!!Moitas grazas por esta experiencia!!!







                                                                                   




No hay comentarios:

Publicar un comentario