Xa se vai acabando o curso, e para celebrar todo o que traballamos e aprendimos e que xa somos un pouquiño máis maiores, marchamos de excursión.
Este ano visitamos a granxa do Cancelo en Miño. Alí hai un montón de vacas que producen unha leite riquísima, a cal puidemos probar e, ademáis de probar a leite, probamos batidos feitos con ela e con plátano, fresa e cacao. Estaban boísimos! Algúns, de feito, repetimos varias veces.
Tras a degustación de batidos, leváronnos a ver as vacas e alí puidemos observar que levan unha especie de pendientes. Explicáronnos que era o seu nome, pero que en vez de estar feito con letras como os nosos están feitos con números. Ademáis con eses números temos moita información sobre a vaca; podemos saber cánto pesa, quenes son seus pais, e algunha cousa máis.
Tamén nos explicaron o que comían e vimos que estaban deitadas sobre area. Resulta que os granxeiros lles fan a cama de area tres veces ao día para que estean cómodas. E, como non lles gusta pasar calor, había uns ventiladores moi grandes pendurados do teito.
Vimos tamén unhas vacas que estaban a punto de parir.
Logo, leváronnos a ver os tenreiros e tiñan unha especie de biberón para comer.
Tamén vimos a sala onde ordeñan as vacas para quitarlles o leite.
Tras esta visita, fixemos un taller de chapas e un debuxo da granxa.
Despois xantamos todos xuntos.
E xa para rematar, pola tarde tivemos obradoiros de pintacaras, tatuaxes e xogos populares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario