Na clase dos caracois María trouxo resolta a mensaxe misteriosa coa xuda da súa nai. Tratábase dunha palabra "NADANDO" que estaba escrita con código de bandeiras. Despois todos xuntos coa axuda da PDI tamén puidemos resolver a mensaxe.
Púxemos a palabra "NADANDO" no ordendor e atopamos isto:
Este ano voltou Protección Civil para lembrarnos o que temos que facer en caso de emerxencia e introducirnos na técnica de reanimación cardiopulmonar(RCP), coa axuda dos peluches que levamos a clase. Aprendimos unha canción e moitas cousas novas. Moitas grazas a Fran e a Sara.
Seguimos medrando no mes de Outubro estiveron de aniversario Carlos e Gabriel que non puido estar porque estaba maliño, na clase dos caracois. Na clase das formiguiñas estiveron Martín e Claudia.
Como cada curso as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina polas casas dos nosos caracois e das nosas formiguiñas. Espero que pasedes un bo rato en familia vendo os seus contos e escoitando as súas cancións.