Hoxe celebramos
os aniversarios de Alejandro e Leo. Pasámolo moi ben e encantáronnos os doces
que nos trouxeron! Parabéns e moitas grazas!
lunes, 19 de diciembre de 2016
sábado, 17 de diciembre de 2016
Recomendacións lectoras para o Nadal!!!
Como cada ano Güino fainos estas recomendacións para este Nadal.
ENTRADE NA PÁXINA DA BIBLIOTECA PARA MÁIS INFORMACIÓN
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2016/12/xa-chega-o-nadal.html?m=1
Powered by
Issuu
Publish for Free
ENTRADE NA PÁXINA DA BIBLIOTECA PARA MÁIS INFORMACIÓN
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2016/12/xa-chega-o-nadal.html?m=1
CHEGOU O NADAL!!!!!!
A clase dos caracois está moi contenta coa chegada do Nadal. Adornamos o corredor cunhas chulísimas árbores de Nadal, tamém adornamos a entrada cunha botas que decoramos na casa coa axuda das nosas familias. ¡ BO NADAL A TODOS DE PARTE DOS CARACOIS!
ANIVERSARIOS NOVEMBRO
No mes de novembro celebramos os aniversarios de Xiana e de Darío. Pasámolo en grande cos nosos compis cantando, comendo a torta e bebendo uns riquísimos zumes de piña.
AS MOCHILAS VIAXEIRAS CONTINÚAN VIAXANDO
As mochilas viaxeiras continúan viaxando cada semana para que as desfrutedes todos en familia. Estas semanas tocoulles viaxar con María, Carlos e Martiño.
jueves, 24 de noviembre de 2016
MOCHILAS VIAXEIRAS
As mochilas viaxeiras xa comezaron a "viaxar" na clase dos caracois. Xa a levaron Alejandro, Leo Daporta, Candela e Gabriel. A desfrutar moito dos contos "CARACOIS"
MAGOSTO E PEÓN
Os caracois pasárono xenial celebrando o magosto, comendo castañas e bebendo un rico batido de chocolate. UUUMMMMM QUE RICO!!!!
Coñecendo os caracois
Os nenos de 3 anos B escollimos como mascota os caracois, e decidimos entre todos e coa axuda das familias aprender moitas cousas sobre eles. Para iso trouxemos moitos traballiños da casa e tamén estamos aprendendo moitas cousas na clase.QUE INTERESANTEEEEE!!!!
Libro do verán
Os caracois estivemos durante varios días na asamblea vendo e contando os nosos compañeiros o ben que o pasamos no verán cos nosos amigos e coa nosa familia.
AS DISTINTAS CLASES DOS CARACOIS
Os caracois pásano pipa nas distintas clases, en informática coa profe Lorena, en psico co profe Javier e en música coa profe Lara e o mono "Corchea".
miércoles, 9 de noviembre de 2016
OLLO AO PIOLLO!
MOITAS GRAZAS.
lunes, 7 de noviembre de 2016
ANIVERSARIOS
Os caracois xa celebramos no cole varios aniversarios e fixémolo comendo un rico biscoito e bebendo zumes. No mes de Setembro celebramos os aniversarios de Candela e de Julia.
No mes de Outubro celebramos os aniversarios de Carlos e de Gabriel. Pasámolo xenial!!!!.
XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA DO MAGOSTO E DO PEÓN
XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA DE COMER AS CASTAÑAS: O MAGOSTO!!!! PERO FORMIGUIÑAS E CARACOIS NON TEMOS PORTACASTAÑAS PARA COMELAS BEN A GUSTO... POR ISO PRECISAMOS UN BRICK DE ZUME, LEITE,... BEN LIMPIÑO E CORTADO POLA METADE (TODAS AS CARAS MENOS UNHA DAS MÁIS ANCHAS COMA NA FOTO) PARA PODER ENCHER DE CASTAÑAS A NOSA BARRIGOLA!!!
TRAÉDEO CANTO ANTES PARA PODER PREPARAR TODO PARA O VENRES!

A FESTA SERÁ O VENRES 11 DE NOVEMBRO, TAMÉN FESTEXAREMOS O DÍA DO PEÓN, POLO QUE OS NENOS E NENAS PODERÁN TRAER ESE MESMO DÍA (ADEMAIS DA MANCHEA DE CASTAÑAS BELISCADAS) UN PEÓN PARA XOGAR TODOS XUNTOS NO PATIO...
ANÍMADEVOS A VIR E A FESTEXAR CON NÓS O MAGOSTO E O PEÓN!!!!
domingo, 6 de noviembre de 2016
domingo, 23 de octubre de 2016
Visita de protección civil
Esta semana recibimos a visita de protección civil. Viñeron a contarnos en que consiste o seu traballo e o que temos que facer en casa dun incendio!
Aquí tedes algunhas imaxes da sesión. Visita de protección civil on PhotoPeach
Aquí tedes algunhas imaxes da sesión. Visita de protección civil on PhotoPeach
Investigamos sobre... as formigas!
Na clase de 3 anos A atopamos moitas formigas. Como chamaron moito a nosa atención, entre todos decidimos que queríamos aprender máis cousas sobre elas e que serían a nosa mascota. Durante estes días estivemos recopilando información e traballando sobre o tema, e xa sabemos moitas cousas sobre elas! Aquí tedes algunhas fotos do material que fomos traendo a clase este días! Un saúdo da clase das formiguiñas!
Proxecto: as formigas - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
E aquí vos deixamos unhas cancións sobre as formigas que nos gustan moito:
Proxecto: as formigas - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
E aquí vos deixamos unhas cancións sobre as formigas que nos gustan moito:
lunes, 17 de octubre de 2016
domingo, 16 de octubre de 2016
Os primeiros días dos caracois!!!
Os nenos/as de 3 anos B pasámolo xenial no cole, xogando cos compis nos recunchos, na asamblea, tomando a parva,....
Xa escollimos a nosa mascota e é un caracol. Puxémoslle de nome PEPITO.
domingo, 9 de octubre de 2016
Primeiros días de cole
Aquí vos deixamos unhas fotos dos primeiros días de cole. Esperamos que vos gusten!
primeiros días on PhotoPeach
Contos que nos gustan!
Na clase das formigas e na clase dos caracois, estivemos estes días traballando con dous contos que nos gustaron especialmente.
Un deles foi o conto de Cocorico, que ten a súa propia canción.
Un deles foi o conto de Cocorico, que ten a súa propia canción.
Cocorico conto from exploradores4a
O outro conto que nos gustou motísimo foi este de Herve Tullet, xa que é un conto moi interactivo no que poidemos participar mentres nolo contaban.
O outro conto que nos gustou motísimo foi este de Herve Tullet, xa que é un conto moi interactivo no que poidemos participar mentres nolo contaban.
sábado, 1 de octubre de 2016
Benvidos!
Queremos dar a benvida aos novos alumnos e alumnas que comezan a súa andaina no CEIP Couceiro Freijomil. A partir de agora, poderedes ir seguindo os nosos pasos a través do noso blogue de aula. Un saúdo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)