Etiquetas

lunes, 15 de abril de 2019

O traballo por profesións I

Comenzamos a traballar xa os equipos de traballo nos que practicamos as habilidades propias de cada profesión.

Os escritores redactan os diálogos...
Os compositores representan a música que compuxeron entre tod@s...
Os relación públicas preparan as invitacións, a exposición onde se contará todo o proceso, deseño de carteis...
Os intérpretes traballan a voz e o corpo, crean un personaxe e aprenden os diálogos.
Os escenógrafos deseñan e preparan os decorados.
O equipo de iluminación preparan a iluminación e son, fan os focos e manexan a iluminación e son...
Vestuario e maquillaxe estudian os caracteres dos personaxes, deseñan e/ou confeccionan o vestuario e ensaian o maquillaxe.
O rexidor traballa cos personaxes.
O director de producción supervisa e controla a actividade de toda a compañía e se encarga de realiar o discurso que abre e pecha a actuación.

Aquí tedes a planificación do traballo que leva a cabo a Compañía de Ópera Purpurina



Preme na imaxe

Que gran aprendizaxe de coordinación, resolución de conflitos, responsabilidade, tolerancia, emocións, imaxinación...!

viernes, 12 de abril de 2019

Equipos de profesións

E nós somos...


COMPOSITORES

DIRECTORAS 


DOCUMENTALISTAS




ESCENÓGRAFOS



ESCRITORES



ILUMINACIÓN


INTÉRPRETES



PERRUQUERÍA E MAQUILLAXE


RELACIÓNS PÚBLICAS


VESTIARIO


REXIDORES












martes, 9 de abril de 2019

TÍTULO da nosa ÓPERA e nome do lugar onde sucede a historia

Agora que a sabemos como e onde se desenvolve a historia da nosa ópera, entre todas e todos decidimos o título que é COIDAR TODO.



E tamén pensamos, que como a historia sucede nun parque, decidimos poñer un nome a ese parque tan especial, PARQUE COIDADOSO



lunes, 1 de abril de 2019

Eleximos profesións

E chegou un dos momentos máis importantes deste curso. Temos que tomar unha decisión clave para o futuro da nosa ópera. Hoxe eleximos que profesión queremos desempeñar dentro da nosa compañía. Para tomar esta decisión tivemos que recordar os obradoiros das profesións que realizaron as nosas familias e cubrir unha folla de solicitude de profesións e explicar por que queremos desempeñar ese trballo. Unha vez que cubrimos a nosa solicitude, as mestras nos entregáron a  acreditación coa nosa profesión.
Foi un día de moitos nervios, ilusión e alegría!








domingo, 31 de marzo de 2019

Elementos da historia

Toda historia ten unha INTRODUCIÓN, un  NÓ e un DESENLACE, e a nosa tamén. Resultounos moi fácil colocando as accións das personaxes nestas tres partes da historia.

miércoles, 27 de marzo de 2019

Accións das personaxes

Como tivemos un pouco de dificultades para decidir que fan os personaxes da ópera fixemos unha lista de accións para cada personaxe, tendo en conta o tema, a trama, o lugar e tempo no que se desenvolve a historia.










viernes, 22 de marzo de 2019

Xogo do líder

Nesta xogo formamos varios grupos. Cada grupo colocábase formando un triángulo e unha nena ou neno tiña que poñerse diante rotativamente, de xeito que todas e todas tiñan a oportunidade de convertirse en líder. Ao son da música que soaba, o líder ou a líder tiña que bailar e o resto imitaban os seus pases de baile.

Con este xogo divertímonos moito,pero tamén experimentamos a responsabilidade que supón liderar a un grupo: sentímonos con moita responsabilidade, observados e observadas, inseguros, entrános vergoña,... pero buscamos a forma de salir do paso porque "o grupo necesita que o fagamos" .